viernes, 2 de junio de 2023

Creando gáficas meteorolóxicas cos datos recollidos

O alumando de 6º de Educación Primaria introduciu os datos recollidos polos grupos de meteorólogos e meteorólogas no programa excel o que lles permitiu obter as seguintes gráficas mensuais no que se pode observar a temperatura máxima, mínima a temperatura ás 11:30 horas no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro e a cantidade de choiva de cada un dos días de rexistro. 

viernes, 24 de marzo de 2023

Día da meteoroloxía

O xoves 23 de marzo de 2023 o alumnado de 6º de Educación primaria celebrou o Día da Meteoroloxía centrado no tema  O futuro do tempo, o clima e a auga a través das xeracións.

A actividade comezou coa proxección do vídeo https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-meteorologico-mundial#resTit_1, destacando o tema central para o ano 2023: O futuro do tempo, o clima e a auga a través das xeracións. Con este tema preténdense destacar os avances tecnolóxicos pasados, o progreso actual e o futuro.

Pero Que se entende por meteoroloxía? A meteoroloxía é unha ciencia que se encarga de estudar todos os fenómenos que ocorren na atmosfera da Terra como o clima, os ventos, a choiva, entre outros.

A meteoroloxía e o cambio climático. Nas últimas décadas ocorreu un incremento dos fenómenos meteorolóxicos como furacáns, tormentas eléctricas, secas, incendios forestais, inundacións, entre outros, que representan unha gran ameaza para a vida do home no planeta. Todo isto provocou un cambio climático de gran envergadura, que causou a desaparición de moitas especies, grandes ecosistemas mariños e terrestres e a morte de millóns de seres humanos.

Por que é importante celebrar o Día Meteorolóxico Mundial? O motivo principal para celebrar o Día Meteorolóxico Mundial é crear conciencia entre os homes e os distintos gobernos do mundo, do papel que ten o coidado e preservación do clima e do medio ambiente, para a preservación da vida na Terra.

sábado, 28 de enero de 2023

Temporal Fiel

Nas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 recibimos a visita da borrasca Fiel. Aínda que sabemos que nevou nos arredores en Ourense cidade a neve non se deixou ver polo noso colexio. A medida que avanzou a semana si notamos unha baixada de temperatura e un aumento de días de choiva. O que si puidemos observar preto do noso colexio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro foi a subida do caudal do río Miño e Loña ao paso pola cidade de Ourense.

Aí vos deixamos algunhas fotos onde se pode ver como se atopa o embalse de Velle e os asolagamentos da zona das piscina de Oira. 

viernes, 20 de enero de 2023

Xeadas no mes de xaneiro

Nestas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 produciuse unha baixada de temperaturas que fixo que nas proximidades da cidade de Ourense nevase. Na cidade, pola súa banda, produciuse un fenómeno que fixo que cando chegamos ao colexio vemos como os cristais dos vehículos están cubertos de xeo. Pero que é?

Este fenómeno é unha xeada. As xeadas son fenómenos meteorolóxicos que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao punto de conxelación da auga e fai que a auga e o vapor que se atopa no aire se conxelen depositándose en forma de xeo nas diferentes superficies.  

Unha vez preocupados polo fenómeno das xeadas descubrimos que existen diferentes xeadas

  • Xeada por radiación: este fenómeno prodúcese por un arrefriamento progresivo e intenso do chan. Este tipo caracterízase por ceos despexados, ventos con baixa velocidade, inversión de temperatura, baixas temperaturas de punto de orballo e temperaturas inferiores a 0ºC. 
  • Xeadas por Advección: este fenómeno é ocasionado por unha corrente ou masa de aire frío de carácter polar con temperaturas inferiores a 0ºC.
  • Xeadas por evaporación:  este fenómeno é producido por unha evaporación da auga líquida dende a superficie vexetal. Ocorre cando diminúe a humidade relativa atmosférica e o orballo formado sobre as plantas evaporase.
  • Xeada branca: denomínase xeada branca ou xeada a capa de xeo cristalino que se forma, en forma se escamas, agullas, plumas ou abanos sobre as superficies expostas no exterior.

Como é a primeira das moitas que veremos durante os meses de xaneiro e febreiro deixamos algunhas fotos para que vexades como se ven as xeadas preto do noso colexio.