A finais de novembro, e grazas a colaboración de varios membros da comunidade educativa do cole, foi instalada a nova
estación meteorolóxica do CEIP Manuel Sueiro.
Dita
estación está situada na zona norte do colexio nunha parte despexada do
recinto para recoller coa mallor precisión posible os datos
meteorolóxicos do noso barrio.
Os rexistros que cada día indiquen
os aparellos da estación, serán reflectidos na nosa web e na web
oficial que Meteogalicia pon a disposición dos centros que participan no
programa de
Meteoescolas.
De momento, a estación conta cun
termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro.
O día 1 de decembro foi a
inauguración oficial da nosa estación meteorolóxica. Ese día, todo o alumnado implicado na recollida de datos baixou ata as instalacións da estación para ver en situ o procedemento a seguir para recoller os datos meteorolóxicos nas fichas de rexistro elaboradas para tal actividade.
O alumnado de 6º curso, en grupos de 2 alumnos/as, será o encargado de recoller diariamente os datos, para o cal os mestres responsables do programa estableceron as oportunas quendas.