domingo, 30 de noviembre de 2014
Inauguración da estación meteorolóxica
A finais de novembro, e grazas a colaboración de varios membros da comunidade educativa do cole, foi instalada a nova estación meteorolóxica do CEIP Manuel Sueiro.
Dita estación está situada na zona norte do colexio nunha parte despexada do recinto para recoller coa mallor precisión posible os datos meteorolóxicos do noso barrio.
Os rexistros que cada día indiquen os aparellos da estación, serán reflectidos na nosa web e na web oficial que Meteogalicia pon a disposición dos centros que participan no programa de Meteoescolas.
De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro.
O día 1 de decembro foi a inauguración oficial da nosa estación meteorolóxica. Ese día, todo o alumnado implicado na recollida de datos baixou ata as instalacións da estación para ver en situ o procedemento a seguir para recoller os datos meteorolóxicos nas fichas de rexistro elaboradas para tal actividade.
O alumnado de 6º curso, en grupos de 2 alumnos/as, será o encargado de recoller diariamente os datos, para o cal os mestres responsables do programa estableceron as oportunas quendas.
Concurso "Ciencia que conta"
No mes de novembro o alumnado de 6º curso participou no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia Que Conta". En xeral, tratábase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
Neste libro recopilamos os traballos presentados polo alumado de sexto curso do noso centro, esperamos que sexan do voso agrado.
Se premedes na imaxen da cabeceira poderedes ver todos os contos realizados polo alumnado.
domingo, 16 de noviembre de 2014
Modelo parte meteorolóxico
Este é o modelo de parte meteorolóxio que iremos completando todos os días da semana nos que tomemos datos da nosa estación meteorolóxica:
PARTE METEOROLÓXICO (09:00)
PARTE METEOROLÓXICO (09:00)
- Temperatura: ºC
- Temperatura mínima: ºC
- Estado do ceo:
- Temperatura máxima: ºC
- Temperatura media: ºC
- Precipitacións: l/m2 o mm
- Tipo de precipitacións: –
- Día
- Equipo de meteoroloxía.
jueves, 13 de noviembre de 2014
Programa Meteoescolas do Plan Proxecta
O proxecto presentado polo noso centro, foi seleccionado xunto a outros 4 centros da provincia de Ourense, para participar no programa de Meteoescolas que organiza á Consellería de Medio Ambiente en colaboración coa Consellería de Educación, Cultura e O.U.
O profesorado encargado de coordinar este proxecto participou nunha xornada de formación que se desenvolveu nas aulas de Meteo Galicia en Santiago. Alí fíxosenos entrega dos instrumentos necesarios para a recollida de datos meteorolóxicos (un pluviómetro e un termómetro dixital de máimas e mínimas) e que serán instalados no patio do noso cole.
Neste blog iremos reflectindo tanto os datos metereolóxicos rexistrados como as actividades realizadas ao longo do curso en relación ao proxecto Meteoescolas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)