Na aula de apoio ao final de cada trimestre comparamos os totais do tempo metereolóxico rexistrado para cada mes. Así o alumnado percibiu o chuvioso que foron os seis primeiros meses deste ano 2016.
A comparación destes datos rexistrados no almanaque do tempo ao longo de todo o curso é unha actividade que nos servíu para ir introducindo a comparación dos datos rexistrados en diferentes meses e comprobar como ían cambiando ao longo do curso os fenómenos metereolóxicos máis observados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario