martes, 4 de octubre de 2022

Formación inicial do alumnado

O luns 3 de outubro comezamos o rexistro de datos meteorolóxicos da nosa estación sita no patio do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro. Antes de comezar o rexistro de datos realizamos unha formación inicial aos meteorólogos e meteorólogas. A formación inicial corre a cargo do coordinador do programa Meteoescola.

A formación consta de dúas partes.
1º) Datos de temperatura e rexistro dos mesmos. 

Dentro da estación meteorolóxica atópase o termómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.

  • Para a recollida axeitada dos datos de temperatura o termómetro non se pode coller coa man xa que a temperatura sube xa que lle estamos a dar calor coas nosas mans.
  • Anotar a temperatura máxima, actual e mínima.
  • Comprobar que temos os datos anotados no libro de rexistro.
  • Pulsar clear.

2º) Datos de chuvia e rexistro dos mesmos. 

Na parte posterior da estación meteorolóxica atópase o pluviómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.

  • Para a recollida axeitada dos datos de chuvia e preciso retirar dos soportes a tapa do pluviómetro.
  • Coller a probeta que se atopa no interior.
  • Comprobar que non hai auga no recipiente metálico. No caso de que haxa auga facer a medición da auga da probeta. Baleirar e engadir auga na probeta. Sumar as dúas cantidades.
  • Anotar a choiva no libro de rexistro.
  • Colocar o probeta no pluviómetro.  
  • Pechar poñendo a tapa do pluviómetro nos soportes.

3º) Realizas a fotografía.  

Na parte dianteira da estación meteorolóxica realizaremos a fotografía do noso traballo. Na fotografía debe saír a estación meteorolóxica e o ceo para poder observar o tempo do día