O luns 3 de outubro comezamos o rexistro de datos meteorolóxicos da nosa estación sita no patio do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro. Antes de comezar o rexistro de datos realizamos unha formación inicial aos meteorólogos e meteorólogas. A formación inicial corre a cargo do coordinador do programa Meteoescola.
A formación consta de dúas partes.
1º) Datos de temperatura e rexistro dos mesmos.
Dentro da estación meteorolóxica atópase o termómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.
- Para a recollida axeitada dos datos de temperatura o termómetro non se pode coller coa man xa que a temperatura sube xa que lle estamos a dar calor coas nosas mans.
- Anotar a temperatura máxima, actual e mínima.
- Comprobar que temos os datos anotados no libro de rexistro.
- Pulsar clear.
2º) Datos de chuvia e rexistro dos mesmos.
Na parte posterior da estación meteorolóxica atópase o pluviómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.
- Para a recollida axeitada dos datos de chuvia e preciso retirar dos soportes a tapa do pluviómetro.
- Coller a probeta que se atopa no interior.
- Comprobar que non hai auga no recipiente metálico. No caso de que haxa auga facer a medición da auga da probeta. Baleirar e engadir auga na probeta. Sumar as dúas cantidades.
- Anotar a choiva no libro de rexistro.
- Colocar o probeta no pluviómetro.
- Pechar poñendo a tapa do pluviómetro nos soportes.
3º) Realizas a fotografía.
Na parte dianteira da estación meteorolóxica realizaremos a fotografía do noso traballo. Na fotografía debe saír a estación meteorolóxica e o ceo para poder observar o tempo do día
No hay comentarios:
Publicar un comentario