Nestas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 produciuse unha baixada de temperaturas que fixo que nas proximidades da cidade de Ourense nevase. Na cidade, pola súa banda, produciuse un fenómeno que fixo que cando chegamos ao colexio vemos como os cristais dos vehículos están cubertos de xeo. Pero que é?
Este fenómeno é unha xeada. As xeadas son fenómenos meteorolóxicos que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao punto de conxelación da auga e fai que a auga e o vapor que se atopa no aire se conxelen depositándose en forma de xeo nas diferentes superficies.
Unha vez preocupados polo fenómeno das xeadas descubrimos que existen diferentes xeadas.
- Xeada por radiación: este fenómeno prodúcese por un arrefriamento progresivo e intenso do chan. Este tipo caracterízase por ceos despexados, ventos con baixa velocidade, inversión de temperatura, baixas temperaturas de punto de orballo e temperaturas inferiores a 0ºC.
- Xeadas por Advección: este fenómeno é ocasionado por unha corrente ou masa de aire frío de carácter polar con temperaturas inferiores a 0ºC.
- Xeadas por evaporación: este fenómeno é producido por unha evaporación da auga líquida dende a superficie vexetal. Ocorre cando diminúe a humidade relativa atmosférica e o orballo formado sobre as plantas evaporase.
- Xeada branca: denomínase xeada branca ou xeada a capa de xeo cristalino que se forma, en forma se escamas, agullas, plumas ou abanos sobre as superficies expostas no exterior.
Como é a primeira das moitas que veremos durante os meses de xaneiro e febreiro deixamos algunhas fotos para que vexades como se ven as xeadas preto do noso colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario